Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Abegondo engade un circuíto BTT á súa rede de infraestruturas deportivas


O Concello de Abegondo engade un circuíto BTT á súa rede de infraestruturas deportivas. Sitúase no parque de Beche, aproveitando a orografía da zona, e componse de tres percorridos diferentes con variación no grao de dificultade.

Hoxe realizouse unha exhibición a cargo de expertos para mostrar as posibilidades do novo circuíto. Asistiu o concelleiro de Infraestruturas, Alberto Seoane, así como numeroso público, e realizouse coa colaboración do Club Ciclista Gacela.

A configuración da nova instalación permite o seu uso para todos os públicos. Hai un percorrido de iniciación xunto ao encoro, outro de nivel medio xunto ao rego Roufrio, e un avanzado, de descenso con diversos elementos.

A bicicleta de montaña é unha modalidade que atrae cada vez a máis persoas en Abegondo. E en Beche ven todas as fins de semana a pequenos coa súa bici.

Esta actuación, xunto coa instalación dun pump track en San Marcos recentemente completada, levan a cabo dentro da Rede de Cidades Saudables á que Abegondo está adherido. O seu investimento foi de 100.000 euros.